A ERGONOMÍA NA OFIMÁTICA

 A ERGONOMÍA NA OFIMÁTICA

A ergonomía é un aspecto fundamental no entorno de traballo, especialmente na ofimática, onde se pasan moitas horas diante do ordenador. Unha correcta organización do espazo e unha boa postura axudan a previr porblemas de saúde e a mellorar a productividade.

Que é a ergonomía?

A ergonomía é a disciplina que estuda como adaptar o traballo e os elementos do entorno ás capacidades e necesidades das persoas. O seu obxectivo é facer que as tarefas sexan máis cómodas, seguras e eficientes.

Cal é a importancia da ergonomía na ofimática?

Nos traballos de oficina, o uso continuo de ordenadores pode provocar molestias físicas se non se adoptan medidas axeitadas. a ergonomía é importante porque: 

- prevén lesións musculares e articulares

- reduce o cansazo

- mellora a concentración

- aumenta a productividade

Cales son os elementos ergonómicos do posto de traballo?

1. A cadeira: debe ser comoda e axustable 

- altura regulable

- respaldo que soporte a espalda

- pés no chan

2. A mesa: 

postura correcta
Postura correcta
- altura adecuada para manter os brazos en ángulo recto

- espazo suficiente para moverse

- superficie ordenada

3. A pantalla:

- colocada á altura dos ollos

- distancia entre 50-70 cm

- sen reflexos nin brillos

4. Teclado e rato:

- colocados á altura dos cóbados

- bonecas en posición recta

- preto do corpo

5. Iluminación:

- boa iluminación, preferiblemente natural

- evitar sombras e reflexos

- non traballar na escuridade

6. Hábitos saudables:

Ademáis de ter un bo equipo, é importante:

- facer pausas cada 45-60 min

- estirarse regularmente

- pestanexar para evitar sequidade ocular

- cambiar de postura de vez en cando

Ergonomía e prevención de riscos laborais:

A ergonomía forma parte da prevencion de riscos laborais nas empresas. Un posto de taballo mal deseñado pode provocar enfermidades profesionais a longo prazo.

riesgos
riesgos
As empresas deben garantir: 

- postos de traballo adaptados ás persoas.

- formación en boas prácticas ergonómicas

- equipos adecuados (cadeiras, pantallas, etc.)

Os traballadores tamén teñen resposabilidade, xa que deben adoptar posturas correctas e seguir as recomendacións.

Ergonomía e novas tecnoloxías

Co avance das tecnoloxías, a ergonomía tamén evolucionou. Actualmente no só se aplica aos ordenadores de mesa, senón tamén a:

- portatiles.

- tablets.

- telefonos móbiles.

O uso excesivo destes dispositivos pode provocar problemas como o chamado "pescozo tecnolóxico", causado por mirar constantemente cara abaixo.

pescozo tecnolóxico

Por iso, recoméndase: 

- elevar os dispositivos á altura dos ollos.

- usar soportes para portátiles.

- limitar o tempo de uso continuo

Ergonomía no teletraballo

O teletraballo aumentou nos últimos anos, pero moitas persoas non teñen un espazo adecuado na casa.

Isto pode provocar:

- malas posturas (sofá, cama, etc.)

- falta de iluminación adecuada

- uso de mobiliario non ergonómico

É importante crear un espazo de traballo específico na casa, con boas condicións ergonómicas.

Conclusión: 

A ergonomía na ofimatica é un elemento clave para garantir a saúde e o benestar das persoas no seu antorno de traballo. No só permite previr lesións físicas, senón que tamén contribúe a mellorar a eficiencia e a productividade.

Ademáis, a súa relación coa prevención de riscos laborais fai que sexa unha responsabiloidade compartida entre empresas e traballadores, sendo fundamental a formación e a correcta adaptacióon dos postos de traballo.

Co avance das novas tecnoloxías e o aumento do teletraballo, a ergonomía adquiriu aínda máis importancia, xa que o uso continuo de dispositivos electrónicos e a falta de espazos adecuados poden provocar novos problemas de saúde.

En conclusión, aplicar principios ergonóicos tanto na oficina como no fogar é imprescindible para traballar de forma segura, cómoda e eficiente, evitando riscos e mellorando a calidade de vida.

Comentarios