A ERGONOMÍA NA OFIMÁTICA A ergonomía é un aspecto fundamental no entorno de traballo, especialmente na ofimática, onde se pasan moitas horas diante do ordenador. Unha correcta organización do espazo e unha boa postura axudan a previr porblemas de saúde e a mellorar a productividade. Que é a ergonomía? A ergonomía é a disciplina que estuda como adaptar o traballo e os elementos do entorno ás capacidades e necesidades das persoas. O seu obxectivo é facer que as tarefas sexan máis cómodas, seguras e eficientes. Cal é a importancia da ergonomía na ofimática? Nos traballos de oficina, o uso continuo de ordenadores pode provocar molestias físicas se non se adoptan medidas axeitadas. a ergonomía é importante porque: - prevén lesións musculares e articulares - reduce o cansazo - mellora a concentración - aumenta a productividade Cales son os elementos ergonómicos do posto de traballo? 1. A cadeira: debe ser comoda e axustable - altura regulable - respaldo que soporte a espalda...
Comentarios
Publicar un comentario